Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estes son os acordos para desconvocar a folga de médicos en Galicia

G24.gal 20/04/2023 09:25

O Servizo Galego de Saúde e a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos, CESM, chegaron a diversos acordos referentes a melloras retributivas e de xornada para o persoal médico, co que a folga chegou á súa fin tras nove días de paros.

Retribucións das gardas

Aumentan as cantidades que cobran as gardas, cando o médico estea presente no seu posto de traballo ou simplemente teña que estar localizado. Deste xeito, o importe das gardas en día laborable de presenza física será a partir do 1 de xullo de 27 euros/hora e, a partir do 1 de xaneiro de 2024, de 28 euros/hora. O prezo das gardas de presenza física domingos e festivos será de 30 euros/hora.

Ademais, os MIR, médicos en formación, verán incrementado o prezo de garda na mesma proporción que para o persoal estatutario.

Aumentos a partir da quinta garda do mes

Habilitarase un módulo específico para aqueles facultativos que fagan máis de cinco gardas. De tal modo, a quinta terá "un prezo maior". Así, o prezo das gardas de presenza física cando sexan cinco ou máis ao mes será de 37 euros a hora. Este incremento aplicarase a partir do 1 de xaneiro de 2024.

Pagarase a mañá dos sábados

Establecerase un novo módulo para retribuír a mañá do sábado equivalente a sete horas de garda.

Exención das gardas a partir dos 55 anos

Aprobarase un novo modelo de exención de gardas de presenza física aos facultativos especialistas de área con máis de 55 anos. Neste sentido o prezo estimado é de 84 euros/hora por cada módulo de 84 horas, cun máximo de 3 módulos de media mensual, para aplicar desde o 1 de xaneiro de 2024. A realización de módulos será fóra de horario ordinario e con rexistro e seguimento da actividade.

Complemento adicional en Noiteboa e Noitevella

Os facultativos contarán con retribucións adicionais os días 24 e 31 de decembro.

Máis compatibilidade coa privada

No que respecta ao complemento específico, unha retribución arredor de 900 euros mensuais que non estivese vetada para os que compatibilizan a pública coa privada. O Sergas comprométese a elaborar ao longo deste mes de xuño un "modelo final".

A folga estendeuse desde o 11 ata o 19 de abril e, durante os nove días que durou o paro, segundo os últimos datos da Xunta, tivéronse que suspender un total de 1.670 intervencións cirúrxicas, 32.696 consultas externas e 2.691 probas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos