Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 70 por cento das empresas teñen dificultades para atopar perfís profesionais

O 70 por cento das empresas teñen dificultades para atopar perfís profesionais

Os expertos aseguran que o mercado laboral está nun momento de cambio. Mudaron as prioridades dos aspirantes.

Agora non só pesa o salario, tamén contar con xornadas laborais flexibles e medra a demanda do teletraballo

G24.gal 17/11/2022 14:25

Estamos moi formados, pero non especializados. Segundo un informe da Confederación Española de Organizacións Empresariais,  o 70 por cento das empresas teñen dificultades para atopar perfís profesionais.

  "Non teñen unha especialización e menos no eido industrial onde hai que traballar con maquinaria", di José María López, empresario.

Ao que engade Juan Pedro Frenados, tamén empresario: "As empresas buscan traballadores que xa teñan experiencia, na primeira oportunidade aínda que esteas moi formado é moi complicado acceder a ese posto"

O mercado laboral está nun momento de cambio.

 "Temos que buscar ese equilibrio, as empresas igual teñen que baixar os perfís e abrirse a formar elas a eses traballadores na experiencia", asegura Estefanía Seoane, dunha empresa de traballo temporal.

Tamén están a mudar as prioridades dos aspirantes. Medra a demanda do teletraballo e das xornadas laborais máis flexibles.

"Non só valora o salario, valora tamén ter tempo libre, xunto coa posibilidade de teletraballar", explica Ramón Martínez, dunha empresa tecnolóxica.

Para Irene Rodríguez, responsable de RRHH dunha empresa: "Hai unha velocidade no mercado laboral á que as empresas nos temos que adaptar e logo hai uns condicionantes, o candidato xa non é o que era, valora outro tipo de cousas".

Son os novos desafíos para afianzar o mercado laboral e reter o talento e que hoxe se analizaron nunha xornada sobre emprego en Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar