Publicador de contidos

Publicador de contidos

Policías e gardas civís maniféstanse en Madrid contra a "discriminación" do Goberno

Policías e gardas civís maniféstanse en Madrid contra a "discriminación" do Goberno

G24.gal 26/11/2022 16:01 Última actualización 26/11/2022 20:50

Milleiros de gardas civís e policías nacionais manifestáronse este sábado polo centro de Madrid e acusaron o Goberno de "discriminalos" por non sentar a negociar as súas reivindicacións principais: unha xubilación anticipada con garantías, a xornada laboral de 35 horas e a reclasificación ao grupo B da escala de funcionarios.

 Durante a marcha cantaron consignas contra o ministro do Interior Grande Marlaska. 

Na marcha o Sindicato Unificado de Policía (SUP) e a Asociación Unificada de Gardas Civís (AUGC) aglutinaron uns 6.000 asistentes, segundo a Delegación do Goberno en Madrid, a maioría axentes acompañados polos seus familiares. Tamén se puideron ver na cabeceira da manifestación representantes do Partido Popular, Vox e Cidadáns, os partidos que mostraron o seu “apoio” ás demandas dos organizadores, que continuarán “presionando” o Goberno, ao que piden unha “mesa de negociación” na que tratar as súas reivindicacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade