Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os controladores aéreos de Alvedro e Peinador, convocados á folga

Os controladores aéreos de Alvedro e Peinador, convocados á folga

A ruptura das negociacións do convenio colectivo leva a convocar unha folga nos 16 aeroportos españois con torres de control privatizadas

Xestionan o 28,5 % do tráfico aéreo estatal

A folga está convocada para cinco luns consecutivos, 30 de xaneiro, e 6, 13, 20 e 27 de febreiro. 

G24.gal 19/01/2023 13:33

Controladores aéreos dos 16 aeroportos españois coas torres privatizadas, entre os que están A Coruña e Vigo, están convocados a unha folga de cinco luns consecutivos, a partir do 30 de xaneiro. Piden que cesen os recortes de dereitos que, segundo din, son constantes.

Dúas empresas privadas, Saerco e Ferronats, xestionan esas torres, que levan o 28,5 por cento do tráfico aéreo do Estado. Nelas traballan 160 controladores, convocados a folga tras a rotura das negociacións do convenio colectivo.

"Viron os compañeiros que non hai absolutamente ningunha vontade de negociar nada.
E o que está sucedendo son niveis económicos e laborais á baixa", di Susana Romero, controladora aérea en Santiago

As centrais convocantes, CCOO e a Unión Sindical de Controladores Aéreos, din que desde que se privatizou este servizo, en 2010, perden dereitos constantemente, o cal deriva nun cadro de persoal cada vez máis esgotado. Tamén achacan á privatización o descoido das infraestruturas, como un cristal sen reparar desde xuño.

"Non é de recibo que levemos máis de seis meses con este cristal rebentado, que afecta a visibilidade e polo tanto a seguridade das operacións", afirma Susana Romero.

A folga está convocada para cinco luns consecutivos, o 30 de xaneiro, e o 6, 13, 20 e 27 de febreiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar