Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os xestores administrativos piden deducir no IRPF os gastos do servizo doméstico

Os xestores administrativos piden deducir no IRPF os gastos do servizo doméstico

Enviaron a proposta ao Goberno central co obxectivo de favorecer a regularidade nas contratacións

A medida persegue fomentar a contratación dos empregados no fogar, que o ano pasado caeu ata os 378.000, a cifra más baixa da última década 

G24.gal 11/01/2023 14:27 Última actualización 11/01/2023 14:52

O persoal que traballa no servizo doméstico en España é maioritariamente feminino, cunha forte presenza de estranxeiros e unha terceira parte con contratos informais.   

Para evitar as contratacións irregulares neste colectivo, os xestores administrativos propoñen incentivos fiscais. Piden ao Goberno que os gastos nos que incorren as familias se poidan deducir na cota íntegra na declaración do IRPF.

A medida tamén persegue fomentar a contratación dos empregados no fogar, que o ano pasado caeu ata os 378.000, a cifra más baixa da última década. 

Agardan que a Administración central teña en conta a proposta, que axudaría a loitar contra a fraude fiscal e a economía somerxida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar