Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 87 % dos graduados en universidades de Galicia está traballando cinco anos despois

O 87 % dos graduados en universidades de Galicia está traballando cinco anos despois

Unha enquisa a 5.000 titulados no ano 2015 recolle que o 77 % está a traballar en Galicia

O salario neto medio é de 1.500 euros e fan funcións de nivel universitario

G24.gal 17/11/2022 15:04

Cinco anos despois de se graduar nas universidades galegas, máis do 80 % dos titulados están traballando, a maioría en Galicia e con funcións propias do seu nivel de formación. Así o recolle un estudo de inserción laboral realizado entre 5.000 graduados do ano 2015.

"Máis do 77 % está a traballar en Galicia, un 20 % no resto de España e tan só o 3 % está no resto do mundo, ás veces se fala da emigración do 20 % dos titulados, que teñen que marchar fora, pero esta enquisa non o constata", explica José Eduardo López Pereira, director da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego.

Ademais, os enquisados atoparon o primeiro traballo relacionado cos estudos aos 8 meses e aos 5 anos están empregados cun salario neto mensual de 1.500 euros de media. Datos que sorprenden parte do estudantado, que ten unha percepción diferente do seu futuro laboral.

"Estudo bioloxía e non vexo clara a saída laboral"

"Se queres investigar, aquí difícil"

"Ou opositas ou nada"

"En empresas teño máis fácil traballar fóra de Galicia, e de España"

"En dereito si veo moitas saídas laborais"

"Eu fago farmacia, noutros graos é máis difícil, no meu o paro é baixo", din algúns universitarios.

O estudo, realizado en 2021 pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario Galego, recolle tamén que máis do 70 % dos enquisados rematou a titulación que elixira como primeira opción. Datos que axudan na toma de decisións, a planificación e a estratexia dos campus galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade