Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trump impón aranceis de entre o 10 % e o 12,5 % a 60 economías do mundo

Trump impón aranceis de entre o 10 % e o 12,5 % a 60 economías do mundo

Substitúe o actual arancel global temporal imposto en febreiro, que expira este venres

Bruxelas valora que o novo arancel dos EUA á UE respecta o acordo suscrito entre as partes

Reuters Reuters
G24.gal 24/07/2026 09:22

A Administración norteamericana anunciou este xoves novos aranceis de entre o 10 % e o 12,5 % ás importacións procedentes de 60 países e economías para combater o traballo forzoso, unha medida que chega a horas de que expire o actual arancel global temporal imposto por Washington.

Os novos aranceis, anunciados pola oficina do Representante Comercial dos Estados Unidos, Jamieson Greer, pretenden substituír o arancel global temporal do 10 % imposto por Trump en febreiro, que expira este venres pola mañá.

Representa unha nova fase na guerra comercial imposta polo mandatario norteamericano en abril de 2025.

Os novos gravames establecen un arancel adicional do 10 % para as importacións procedentes de 17 economías e do 12,5 % para outras, mentres que para algúns socios comerciais as taxas varían segundo o produto.

En América Latina, a medida afecta a México, Guatemala, Honduras e O Salvador, que afrontarán un arancel adicional do 10 %, mentres que Costa Rica, Panamá e República Dominicana estarán suxeitos a un gravame do 12,5 %.

Ás 27 economías da Unión Europea, a Administración Trump imponlles un arancel conxunto do 10 %.

Tamén figuran entre as economías afectadas A India, O Xapón, Corea do Sur, Taiwan, Suíza, Canadá, Reino Unido, aínda que as taxas aplicables varían nalgúns casos segundo a orixe e o tipo de produto importado.

A China, con aranceis superiores e específicos, non aparece na nova lista.

A medida deriva de investigacións iniciadas por Washington para determinar se as políticas e prácticas deses países relacionadas coa prohibición de importar bens producidos mediante traballo forzoso prexudican traballadores e empresas estadounidenses.

Bruxelas valora que o novo arancel dos EUA á UE respecte o acordo suscrito entre as partes

A Comisión Europea "valora positivamente" que o novo arancel do 10 % ás importacións da Unión Europea imposto polos Estados Unidos respecte o acordo logrado entre ambos o ano pasado, que fixa un teito xeral do 15 % para eses gravames, e cre que proporciona un "impulso positivo" para explorar máis exencións.

"A UE valora positivamente que este resultado se axuste aos compromisos arancelarios dos Estados Unidos acordados na Declaración Conxunta entre a UE e EUA", en referencia ao acordo alcanzado o verán pasado e que o bloque aprobou en xuño.

A Comisión Europea lembrou que a UE xa cumpriu o seu parte do acordo e "espera que os Estados Unidos sigan respectando os termos" do mesmo.

A declaración conxunta pactada o ano pasado por ambas as partes prevé que os aranceis impostos por Washington á UE se sitúen en xeral nun máximo do 15 %, a cambio de que se permita aos EUA exportar os seus bens industriais aos Vinte e sete libres de aranceis. 

As bolsas asitáticas afúndense cos novos gravames; a española, resiste

Os principais mercados bolsistas de Asia rexistraban este venres importantes perdas arrastrados polo anuncio do presidente estadounidense, Donald Trump, de impoñer novos aranceis ás importacións procedentes de 60 países.

As caídas máis dramáticas rexistráronse en Seúl, de ata o 5 %. En Tokio as perdas achegáronse ao 3 % e na China os principais índices deixáronse un 2,47 % e un 1,66 %.​

A bolsa española, mentres, abriu a sesión practicamente plana, cedendo un 0,04 % en consonancia co resto de mercados europeos.

O IBEX 35 situáse no arranque da sesión nos 19.261,31 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade