Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chega a neve a Galicia por enriba dos 1.000 metros e a Aemet avisa de temporal costeiro desde o martes

Chega a neve a Galicia por enriba dos 1.000 metros e a Aemet avisa de temporal costeiro desde o martes

A predición inclúe neve nas montañas da metade norte da península por encima dos 1.000–1.200 metros e nas do sueste por encima de 1.600–1.800 metros

Cabeza de Manzaneda ten a pista do Xeixo aberta ao turismo, pero de momento non está ningunha dispoñible para a práctica deportiva

A Aemet avisa de temporal no mar con aviso amarelo mañá luns e laranxa o martes

G24.gal 30/11/2025 10:06 Última actualización 30/11/2025 18:21

Chega a neve ás cotas máis altas de Galicia. O Cebreiro e Cabeza de Manzaneda xa están cubertos de branco e as temperaturas moveranse este domingo entre os 2 e os -3 graos. Na estación de esquí de Manzaneda de momento non hai ningunha pista aberta para a practica deportiva, pero está aberta a pista do Xeixo para o uso turístico.

No Cebreiro a neve de momento é escasa e pódese ver sobre todo nas copas das árbores, pero nos camiños e estrada aínda non callou.

Previsións da Aemet para este domingo

Unha fronte fría que cruzará a península cara ao Mediterráneo deixará este domingo ceos nubrados ou cubertos no interior, con precipitacións na vertente mediterránea e nevadas na cordilleira Cantábrica e no Pireneo.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) sinalou que se esperan nevadas en cotas que poderían chegar a baixar dos 1.000 metros na cordilleira Cantábrica e no Pireneo, mentres que as precipitacións previstas na zona mediterránea tenderán a remitir pola tarde, excepto nas illas e en áreas do sueste peninsular, así como no Estreito e nos litorais do mar de Alborán. A predición inclúe neve nas montañas da metade norte por encima dos 1.000–1.200 metros e nas do sueste por encima de 1.600–1.800 metros.

E así foi. A neve xa chegou e xa é necesaria precaución nas estradas, porque xa son moitas as estradas de montaña do norte da península que están cubertas de neve.

A Aemet avisa dun temporal costeiro de nivel laranxa en Galicia a partir do martes

 A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) remitiu este domingo un aviso por un temporal costeiro de nivel laranxa que afectará o litoral galego a partir do próximo martes 2 de decembro

O temporal costeiro xa comezará a notarse mañá luns, día 1, no que está activado o nivel amarelo de alerta nas costas da Coruña e Lugo.

Desde primeira hora do martes espéranse no noroeste e oeste do litoral coruñés condicións "especialmente adversas" cun mar combinado de noroeste e ondas de cinco a seis metros; o que motivou unha alerta que, ao longo do día estenderase á costa do resto da provincia e á de Lugo e Pontevedra.

Desde a Aemet recomendan "extremar as precaucións en portos, praias e zonas próximas ao litoral", do mesmo xeito que aconsellan non achegarse a áreas expostas á ondada e seguir en todo momento as indicacións das autoridades e os avisos oficiais.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade