Os pacientes ingresados no hopital de Ourense terán unha cea especial de Noiteboa
No Complexo Hospitalario Universitario de Ourense os pacientes que teñen que pasar estas datas ingresados contarán con menús especiais
O equipo de cociña xa está preparando a cea desta Noiteboa, pero tamén terán pratos de Nadal o xantar de mañá 25, a cea de fin de ano e o xantar do día de Aninovo. Son pratos máis elaborados e con sobremesas
"Estou moi ben controlada", di a paciente
Divina Pastora ten 84 anos e por primeira vez terá que pasar este Nadal sen a familia, porque está ingresada no hospital de Ourense. Para facerlles aos doentes estas datas máis agradables, o equipo da cociña do Complexo Hospitalario de Ourense prepara menús especiais: ceas e xantares máis elaborados, con peixe, carne e tamén sobremesas.
"-Que é o que máis lle apetecería comer? -Pois pescado", di Divina Pastora.
"Pois esta Noiteboa ceará un bo peixe. Algo de doce... para a cea de Noiteboa terán, e tamén un xantar de Nadal, cea de Noitevella e xantar de Aninovo".