Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta nun 3 % respecto o ano pasado o número de viaxeiros que visitan Lugo

Aumenta nun 3 % respecto o ano pasado o número de viaxeiros que visitan Lugo

A costa, a capital lucense e o seu patrimonio histórico, xunto cos canóns dos Sil son algún dos aspectos máis destacados polos turistas

G24.gal 24/12/2025 19:50 Última actualización 24/12/2025 20:13

Razóns para visitar Lugo non faltan. En pleno nadal, xuntarse coa familia é o típico, pero ao longo de todo o ano os viaxeiros que visitaron a provincia incrementáronse por encima da media de Galicia.

Destaca o guía turístico Guido Álvarez, que "á xente gústalle a cidade e isto propágase a nivel virtual e real".

Pola súa banda, o representante da Asociación Lugo Monumental Luis Latorre, manifesta que "os atractivos hoxe teñen máis publicidade que antes".

Ata novembro, foron 830.000 os viaxeiros que se achegaron a Lugo. Tamén aumentaron as pernoitas.  No mesmo período, houbo máis dun millón trescentas mil. No que vai de ano, os viaxeiros con destino Lugo medraron un tres por cento respecto ao 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade