Publicador de contidos

Publicador de contidos

O eclipse do próximo verán anima o turismo nos concellos máis favorables

O eclipse do próximo verán anima o turismo nos concellos máis favorables

A cinco meses do eclipse solar do próximo verán, xa hai reservas de aloxamento nas zonas de Galicia onde se vai apreciar ao 100%

Unha oportunidade única na vida que poucos queren perder

G24.gal 08/03/2026 14:26 Última actualización 08/03/2026 14:34

Esta é a perspectiva do eclipse que propón San Xoán de Río: a 1.200 metros de altitude e cun horizonte de 100 quilómetros de amplitude, desde Pena Trevinca ata o Rodicio.

Xosé Miguel Pérez, alcalde de Río: "Con esta amplitude de cen quilómetros, vaise ir vendo como parte da provincia de Ourense vai quedando a escuras e outra en luz e logo volve recuperar a luz segundo vai pasando a lúa por diante do sol. Imos facer unha cata de viños durante o eclipse, música e un montón de actividades, cun límite de xente para que a xente que veña goce dunha boa experiencia".

En San Xoán de Río as escasas prazas de aloxamento están reservadas para esa data e mesmo valoran a acampada.

"Xa reservamos todo. Esta mañá enchemos todo, só nos queda unha habitación libre. Ao saír no xornal, a xente fixo as cousas rápido"., conta Irene Rojo, hostaleira de Río.

 "Desde o ano pasado hai chamadas para reservar de xente do norte de Europa, que toman estas cousas moi en serio. Incluso hai hoteis que aínda non abriran o 2026", engade o alcalde de Río.

O espectacular fenómeno natural coincide ademais con outro máis frecuente, pero tamén fabuloso: as perseidas. E, ademais, na semana máis turística do ano: a do quince de agosto.

Alberto Fernández, hostaleiro de Castro Caldelas: "Boa ocupación. No verán en xeral soemos ter traballo porque a Ribeira Sacra move moito turismo. Hai uns días ata lle preguntaron á miña muller a previsión do tempo, se había néboas".

Agora só falta que o 12 de agosto faga un día parecido a este.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade