Piden que se restaure o quiosco meteorolóxico de Cangas
Axudou a coñecer as condicións de navegación durante máis de medio século
O quiosco inicial foi sufragado por suscrición popular e custou 2.800 pesetas de 1907
Nesta época en que moitos non levamos reloxo e que hai grandes avances para a navegación e para predicir a meteoroloxía; en Cangas queren que se conserve o seu quiosco meteorolóxico. Único en España o reloxo de catro caras está sobre un pequeno templete e ten catavento, anemómetro, barómetro e termómetro.
A principios do século XX varios naufraxios deixaron conmocionado a Cangas foi entón cando o Capitán do Porto da Vila decidíu que se tiña que construír un quiosco meteorolóxico para predicir os temporais e coñecer o estado da mar. O quiosco inicial foi sufragado por suscrición popular e custou 2.800 pesetas de 1907. É único en España.
O primitivo quedou estragado pola ferruxe e un grupo de cangueses fixo esta repordución que se colocou en 1991. Un daqueles homes está preocupado esta obra xa que o catavento se estragou e o quiosco precisa mantemento para non rematar estragado pola ferruxe e a acción do vento mareiro.
A Antonio dálle pena que o reloxo sexa máis coñecido e valorado fóra de Galicia que aquí. Coida que o amaño non superaría os 6.000 euros e que a peza ben o merece xa que é un gran referente de Cangas dos vellos tempos e dos novos tamén.