Publicador de contidos

Publicador de contidos

Estudantes de piano enchen de música o hospital universitario de Ourense

Estudantes de piano enchen de música o hospital universitario de Ourense

A actuación forma parte do programa "Música e saúde" que organiza o servizo de humanización

G24.gal 27/12/2025 17:24

Estudantes de piano encheron de música este sábado o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUOU) co obxectivo de levar calma, alegría e benestar ás persoas ingresadas e ás súas familias.

A actuación forma parte do programa "Música e saúde", que une arte e coidado, organizado polo servizo de humanización do CHUOU.

Na iniciativa colaboraron a Casa da Música de Chantada, a academia de música Tempo 118, a escola municipal de música de Maceda e Sobrasura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade