As chuvias intensas en California deixan polo menos dous falecidos
As tormentas invernais dos últimos días foron as máis intensas rexistradas nos últimos anos no estado de California
As precipitacións comezan a diminuír pero persiste a declaración do estado de emerxencia
As históricas chuvias que rexistrou o estado de California durante esta semana de Nadal comezan a diminuír aínda que persiste a declaración do estado de emerxencia.
As alertas e avisos de inundación continúan vixentes, especialmente nas montañas. As tormentas invernais dos últimos días foron as máis intensas rexistradas nos últimos anos en California. Deixaron estradas e campos anegados e causaron polo menos dous falecidos.
A gravidade da situación levou ao gobernador de California a declarar o estado de emerxencia nos condados máis afectados.