Publicador de contidos

Publicador de contidos

A experiencia de facer o Camiño no Nadal

A experiencia de facer o Camiño no Nadal

No que vai de ao chegaron 530.209 peregrinos a Santiago

Os camiñantes que elixen estas datas buscan maior intimidade e recollemento na peregrinación

G24.gal 27/12/2025 14:23 Última actualización 27/12/2025 14:37

A friaxe non impediu que os peregrinos que planificaron facer o camiño nestas datas cumprisen co seu cometido. Os rexistros da Oficina do Peregrino computaron máis de 2.500 persoas que recolleron as súas credenciais neste mes de decembro. 

A maioría madrugaron esta mañá e saíron dos albergues con temperaturas en negativo, pero as xeadas non lles preocupan cando o obxectivo é facer a última etapa do seu percorrido.

"Pareceume moi bonito. É moi tranquilo. Polo camiño estaba todo pechado e había moi poucos peregrinos pero entre os que viñamos fomos collendo confianza, falando".

"Tivemos moi boa sorte. O tempo acompañounos, só sacamos os ponchos dous días, un anaquiño e nada máis".

"Empezamos en Vega de Valcarce xusto cando empezaba a nevar e foi precioso. Foi un Nadal perfecto, branco. Algo duro e precisabamos raquetas porque tivemos neve ata o xeonllo, pero moi bonita".

Nestas datas de recollemento escolleron, por diferentes motivos, compartir experiencias e a cea de noiteboa con descoñecidos.

"Foi un ano moi duro. Tivemos dúas perdas, meu pai e unha tía, e entón queriamos facer a peregrinación para estar máis cerca deles".

"O día de Noiteboa fixemos unha cea comunitaria entre todos e pasámolo moi ben. Foi unha boa experiencia e gustoume".

As cifras de cara ao remate do ano superan unha vez máis as do anterior, nun 6 %. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade