Cargando resultados...
A lotería do Neno comeza ter unha demanda masiva, a unha semana do sorteo
As terminacións en números impares e o cero son as máis solicitadas
Ten máis posibilidades de premio ca o do Nadal porque hai aproximacións e reintegros
G24.gal
27/12/2025 14:24
Última actualización 27/12/2025 14:33
É o segundo sorteo extraordinario con máis seguidores. Quen merca lotería para o sorteo do Neno, na súa maior parte, faino por tradición.
As posibilidades de resultar afortunado son maiores que no sorteo do Nadal. As terminacións máis solicitadas son 0, 3, 5 e 7.
Cuestión de sorte. O día de Reis, nun sorteo de apenas media hora, elixiranse os números gañadores.