Publicador de contidos

Publicador de contidos

A mellor fotógrafa de bebés acabados de nacer ten o estudo no concello lugués de Guntín

A mellor fotógrafa de bebés acabados de nacer ten o estudo no concello lugués de Guntín

Leva xunto a súa socia once anos fotografando bebés nos seus primeiros días de vida

Apostaron polo rural e hoxe son un referente neste tipo de fotografías

 

G24.gal 26/03/2026 10:01

Con 13 días Olivia posa por primeira vez. A súa é a imaxe da calma e da tenrura. O ollo que a retrata é o de Raquel, a mellor fotógrafa de España de acabados de nacer

"Con atrezzos sinxelos, limpos, que o protagonista sexa sempre o bebé", explica Raquel Lamas.

Son sesións de 2 a 4 horas, nun ambiente relaxado e antepoñendo sempre as necesidades do bebé.  

"Un acabado de nacer necesita calma, paciencia que se traballa, eu non sei si é algo que nos naceu", comenta Amanda Pérez.

Amanda e Raquel levan once anos fotografando bebés nos seus primeiros días de vida. Apostaron polo rural e o seu estudo de Guntín hoxe é un referente nese tipo de retrato.

"A xente decía no rural non vai ir ninguén, unha sesión de catro horas quen a vai facer, entón estar neste punto agora mesmo é moito máis alegre", explica Amanda Pérez.

A foto coa que se fixeron co premio está Emma, de só doce días de vía. Aparece envolta nun corazón.

"A luz, a técnica, o encadre, e o que simboliza a foto porque ao final é iso como o corazón deses pais", explica Raquel Lamas.

E non foi a única imaxe premiada, outras obtiveron mención especial e sitúan as súas autoras entre as máis destacadas do certame da Federación Española de Fotógrafos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade