Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aumenta o consumo de complementos alimenticios que non sempre son precisos

Aumenta o consumo de complementos alimenticios que non sempre son precisos

Os farmacéuticos aconsellan utilizalos baixo control médico

O magnesio, a creatina, o coláxeno e os multivitamínicos están entre os máis solicitados

G24.gal 27/12/2025 14:08 Última actualización 27/12/2025 14:22

Nestes días de encontros e celebracións que lle rouban horas ao descanso e desafían o equilibrio dixestivo buscamos aliados que contrarresten os excesos.

"Nestas datas o que máis nos piden son antiácidos polos excesos das comidas e das ceas e tamén complementos vitamínicos que axuden na resaca. Nós aí recomendamos o complexo B", explica Yolanda Carneiro desde a farmacia Praza de Vigo na Coruña.

Os suplementos do complexo B están entre os máis vendidos agora e todo o ano nas farmacias, onde constatan o interese crecente polos complementos alimenticios.

Creatina para aumentar as reservas de enerxía, coláxeno para o coidado das articulación e da pel, magnesio para reducir a fatiga. Completamos a lista dos máis demandados co omega 3 e cos multivitamínicos.

Segundo a Organización de Consumidores e Usuarios, preto dun 60% da poboación recorreu a algún complemento no último ano.

"Cando hai unha alimentación variada en estados de saúde normais non se precisa ningún suplemento. Recomendámolo cando hai unha deficiencia clara, aí si que cómpre complementar", afirma.

Son de venda libre, aínda que deberían tomarse baixo control médico e só cando realmente son necesarios. Nutricionistas e sanitarios advirten de que unha inxesta inadecuada de suplementos pode poñer en risco a saúde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos