Publicador de contidos

Publicador de contidos

A parroquia de Xanceda, no concello de Mesía, acolle a San Silvestre máis silvestre

A parroquia de Xanceda, no concello de Mesía, acolle a San Silvestre máis silvestre

A cita, ideada para que pais e nenos gocen xuntos, busca dinamizar o Nadal no rural galego

G24.gal 27/12/2025 14:42 Última actualización 27/12/2025 14:54

Día de sol perfecto para correr unha San Silvestre. Os participantes quencen os músculos. Encaran dentro da granxa Casa Grande de Xanceda unha San Silvestre especialmente silvestre.

"Aquí non temos asfalto nin grandes congregacións, pero temos lama, prado e vacas e moitísimas ganas de pasalo ben e de dinamizar o Nadal no rural", explica Sara Torreiro, responsable de márketing de Casa Grande de Xanceda.


​​​Organizáronse catro carreiras ao longo da fin de semana. En total, a cita congrega unhas 800 persoas, pais e nenos de distintos puntos de Galicia e mesmo algunha familia de fóra. Todos obtiveron os seus dorsais por sorteo, a través dos iogures da marca.

"Vimos preparadísimos", asegura unha nai.

"A ver se damos feito as probas todas, verdad Leo?, vas querer gañar", pregúntalle un pai ao seu fillo, que asinte.

O percorrido está cheo de retos e obstáculos, desde saltar pacas a facerse cun iogur como salvoconduto para non ser vareado por un Grinch. 

"Crucei un río, tiven que esquivar un grinch", conta un dos nenos participantes.

Os pequenos participantes recomendan a experiencia.

"Polos iogures, polo do grinch, pola carreira, polos obstáculos ...", enumera unha pequena.

As probas transformaron a friaxe en calor, tanto para corredores pequenos coma grandes.

"Estou suando a chorro", confesa un pai.

Quizáis esta Xan Silvestre non se repita, pero na granxa xa están pensado en novos eventos para o seu Nadal rural do ano que vén.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade