Publicador de contidos

Publicador de contidos

O oso de Sande esperta do seu letargo invernal

O oso de Sande esperta do seu letargo invernal

Esta figura do entroido de Cartelle fixo correr a todo humano que atopou na carballeira das adegas de Mogos

 

G24.gal 14/02/2026 21:27 Última actualización 14/02/2026 21:44

Cun sol que anticipa a primavera, sae o oso de Sande da súa hibernación.

"Para min é un orgullo poñer o traxe este todos os anos. Gústame. Póñoo os sábados e o martes de carnaval", comenta antes de vestir a máscara.

Antes de arrincar, baixo a mirada espía dos cativos, recibe as instrucións do domador.

"Estoulle dicindo como imos facer. Imos intentar que a xente corra para que se poida tirar máis fácil. El só ve polo fuciño, ve moi pouco, só de fronte, non aos lados, entón ten que ir correndo e tirando a xente como pode", explica o domador.

Unha das singularidades desta festa é o que lle chaman a sopa da pedra. A pedra bota toda a tarde no caldeiro, bota toda a tarde cocendo, pero non se pasa. Gárdana dun ano para outro.

"Leva un pouco de todo, verduras, galiña... pero o auténtico sabor é a pedra", asegura con retranca o cociñeiro.

Outra das singularidades é o espazo. Unha fermosa carballeira onde se asentan as antigas adegas de Mogos.

"Tristemente, a xente máis maior marchou, xa non veñen tanto, pero hai xente que as recuperou e o entorno é super bonito", cóntanos Mónica Vázquez Lopo, unha das impulsoras da celebración.

E por suposto, que non falte a música.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar