Cargando resultados...
Ourense celebra o San Lázaro coa queima das madamitas
Unha tradición de orixe incerta que se relaciona coa chegada a primavera
G24.gal
22/03/2026 15:05
A Festa do San Lázaro na cidade das Burgas é sinónimo de roscas, música, xigantes e cabezudos... pero sobre todo do estrondo das madimitas ao esbourar. Trátase de figuras de papel articuladas coa cabeza rechea de pólvora, que representan diferentes oficios e que comezan a xirar e xirar ata que rematan feitas anacos.
Un espectáculo pirotécnico de pouco máis de dez minutos que congrega no Parque de San Lázaro a centos de persoas e que serve para darlle a benvida a primavera, ademais de ser o preludio da Samana Santa.