Publicador de contidos

Publicador de contidos

Zelenski fala con aliados europeos antes da reunión con Trump nos Estados Unidos

Zelenski fala con aliados europeos antes da reunión con Trump nos Estados Unidos

O presidente ucraíno subliñou a importancia de actuar de forma conxunta cos Estados europeos para un posible proceso de paz

Viaxará aos EUA e reunirase con Trump, probablemente o domingo 28 de decembro, para debater o borrador do plan de paz que fixo público esta semana

Reuters Reuters
G24.gal 26/12/2025 20:50

 O presidente ucraíno, abordou este venres con varios dos seus aliados europeos os esforzos diplomáticos necesarios para alcanzar a paz en Ucraína, despois de anunciar que a fin de semana viaxará aos Estados Unidos para reunirse co líder estadounidense Donald Trump.

Nas súas redes sociais, Zelenski informou de conversacións telefónicas co chanceler alemán, Friedrich Merz; coa primeira ministra danesa, Mette Frederiksen; co primeiro ministro de Estonia, Kristen Michal; e co presidente de Finlandia, Alexander Stubb. Tamén conversou este venres co primeiro ministro de Canadá, Mark Carney, e co secretario xeral da OTAN, Mark Rutte.

"Nos próximos días, hai moito que se pode alcanzar tanto a nivel bilateral entre Ucraína e Os Estados Unidos como cos nosos socios da Coalición de Voluntarios", dixo o presidente e agregou que "agora mesmo, é Rusia a que está remoloneando e tentando perder tempo nas negociacións".

"Ucraína nunca foi e nunca será un obstáculo á paz e seguiremos traballando eficientemente para garantir que todos os documentos necesarios están preparados canto antes", afirmou en relación á proposta de paz de 20 puntos que están a elaborar de forma conxunta Kíiv e Washington.

Nas súas publicacións, Zelenski subliñou a importancia de coordinar posicións e de actuar de forma conxunta cos Estados europeos para un posible proceso de paz.

Este venres o presidente ucraíno anunciou que ten previsto viaxar á Florida para reunirse con Trump, probablemente o vindeiro domingo 28 de decembro, para debater o borrador do plan de paz que Zelenski fixo público esta semana, así como as garantías de seguridade bilaterais que podería prestar Washington e un acordo económico.

"O plan de 20 puntos no que traballamos está listo nun 90 %. A nosa tarefa é garantir que todo estea listo ao 100 %", declarou con respecto á proposta de paz":

Na proposta quedan abertos aínda temas como as concesións territoriais que está disposta a realizar Kíiv.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade