Publicador de contidos

Publicador de contidos

Localizan en bo estado na casa o kitesurfista desaparecido na costa de Gavà

Localizan en bo estado na casa o kitesurfista desaparecido na costa de Gavà

O deportista deixara ir a vela por motivos de seguridade e alcanzara o litoral a nado

Os equipos de rescate activaran un amplo dispositivo de busca en pleno temporal de levante

G24.gal 27/12/2025 18:59 Última actualización 27/12/2025 20:52

O home que buscaban na costa de Gavà (Barcelona) dende o mediodía deste sábado apareceu en bo estado na súa casa, segundo informan os bombeiros da Generalitat.

Os equipos de emerxencia activaran un amplo dispositivo de busca tras topar á valga a vela da súa táboa, en pleno temporal de levante no litoral catalán.

Ao parecer, o deportista, que practicaba kitesurf, deixou ir a vela por motivos de seguridade, debido ao forte vento e a ondada, e alcanzou a nado a costa.

Ata o lugar desprazáranse efectivos da policía local, os Mossos d'Esquadra cunha embarcación, Salvamento Marítimo con outra embarcación e un helicóptero, ademais dos bombeiros.

Un membro do corpo, afeccionado a este tipo de deportes, contactou con grupos en redes sociais e canais de mensaxería instantánea e logrou dar co propietario da vela que estaba na súa vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade