Cargando resultados...
Milleiros de visitantes enchen o centro de Vigo para gozar das luces
O concello activou o dispositivo especial de tráfico previsto para estes días
G24.gal
27/12/2025 21:38
Última actualización 27/12/2025 22:32
O centro de Vigo volveu encherse de visitantes este sábado. O concello activou o dispositivo especial de tráfico previsto para estes días que implica que hai moitas rúas cortadas e outras que cambiaron o sentido da circulación.
O máis complicado é aparcar coa maioría dos aparcadoiros do centro completos desde primeiras horas da tarde.
Aínda así, segundo os visitantes paga a pena achegarse ata Vigo para gozar da iluminación, a nora, as atraccións, os mercados de Nadal ou simplemente pasear polas súas rúas decoradas.