A calidade do aire é "mala"en puntos de Vigo, Santiago e Ourense pola chegada de aire africano
Segundo MeteoGalicia, a calixe fará que os niveis de partículas se poidan ver incrementados
Imaxe da cámara web da CSAG en Baiona
A chegada dunha masa de aire africano a Galicia provocou unha baixada na calidade do aire a 'mala' en varios puntos da comunidade, especialmente en Vigo e Santiago e Ourense.
Segundo os datos de Meteogalicia, a calixe fará que os niveis de partículas (PM) se poidan ver incrementados. Onde máis o fixeron, polo momento, é na zona de Vigo e Santiago.
A masa de aire desprázase e xa afecta tamén a puntos da zona sur e centro de Lugo, así como ao centro da provincia da Coruña e ao noroeste de Ourense.
Segundo os datos de MeteoGalicia, a calixe fará que os niveis de partículas (PM) se poidan ver incrementados. Onde máis o fixeron, polo momento, é na zona de Vigo e Santiago. Tamén notifican unha baixada na calidade do aire en puntos da zona sur de Lugo e noroeste de Ourense.