Publicador de contidos

Publicador de contidos

Moita afluencia en Manzaneda na primeira fin de semana que está aberta para esquiar

Moita afluencia en Manzaneda na primeira fin de semana que está aberta para esquiar

Este sábado había 9 pistas abertas e case seis quilómetros esquiables

G24.gal 27/12/2025 21:05 Última actualización 27/12/2025 21:24

Primeira fin de semana de neve na estación de Manzaneda, que abría as súas portas o martes pasado. 
As boas condicións meteorolóxicas atraeron ata aquí este sábado persoas chegadas de toda Galicia.

"Vimos desde Vilanova da Arousa. Viñemos porque el é fan da neve e sabe esquiar. Como vimos que había neve decidimos pasar aquí o día".

"Vimos de Cambados porque facía un día estupendo. Hoxe é o primeiro día de neve e queriamos gozar del".

O día comezou con 9 pistas abertas e case seis quilómetros esquiables, e cun espesor máximo de 25 centímetros. Nas pistas coincidían os esquiadores habituais con persoas que practicaban o esquí por primeira vez.

"Vimos desde o Barco de Valdeorras. Regaláronlle á nena unha experiencia dun curso de esquí e viñemos pasar o día. Está un día bárbaro"

"Probei o esquí pero non me gustou tanto, pero na zorra si"

Segundo a predicción de Meteogalicia, as temperaturas mínimas en Manzaneda vanse manter por debaixo dos cero graos ou superaranos por moi pouco, o que vai axudar a que a neve se manteña nos últimos días do ano.



 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade