Publicador de contidos

Publicador de contidos

Abril deu un chimpo desde os 30ºC aos -3º en cuestión de horas

Abril deu un chimpo desde os 30ºC aos -3º en cuestión de horas

A partir de hoxe volveremos cara a uns valores un pouco máis suaves

G24.gal 13/04/2026 14:41 Última actualización 13/04/2026 14:56

Este luns Galicia pasou de 30 graos na beira do Miño, a en só unhas horas ter neve nas zonas de montaña de Manzaneda. O mes de abril deixou en cuestión de horas un enorme contraste.

"Houbo unhas oscilacións térmicas enormes, especialmente na noite do venres ao sábado", dixo Ana Lage, de MeteoGalicia.

De momento, este mes xa foi anticipo do verán, ademais dunha lembranza dun inverno duro. Houbo que sacar os plásticos, as plumas,  e afacerse ás nubes ata o xoves.

"Para o venres sábado e domingo teremos influencia anticiclónica e temperaturas que superarán os 20 graos", explicou Ana Lage, de MeteoGalicia.


A melloría xa comezou, pero será a partir do xoves cando asente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade