Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia chega aos 39 graos e prepárase para unha nova xornada de calor extrema

Galicia chega aos 39 graos e prepárase para unha nova xornada de calor extrema

Este mércores volverá estar marcado polas altas temperaturas, cunha previsión de máximas entre 37 e 41 ºC en moitos puntos da metade sur

Mantense o aviso laranxa para o mércores no Miño de Pontevedra e Ourense

Recomendacións para facer fronte á onda de calor en Galicia

Foto de arquivo/David Zorrakino/ Europa Press Foto de arquivo/David Zorrakino/ Europa Press
G24.gal 05/08/2025 18:12 Última actualización 06/08/2025 09:36

Este martes a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) mantivo activados varios avisos por altas temperaturas. En Lugo e Ourense decretouse o aviso amarelo, mentres que no litoral de Pontevedra o aviso subiu a laranxa debido ás condicións especialmente extremas.

Aínda que se esperaban temperaturas superiores, os termómetros acadaron valores moi elevados, rozando os 40 graos. En Ourense, os rexistros máis altos do día foron en Rubiá, Verín e Leiro, con 39 °C, e tamén en Vilamartín, Ourense cidade e A Arnoia, con 38 °C.

A situación mantense durante a noite, coa previsión dunha noite tropical, especialmente nas provincias de Pontevedra e Ourense, onde as temperaturas non baixarán dos 20 graos.

E este mércores Galicia afronta outra xornada de calor extrema, con avisos por temperaturas de ata 41 ºC

Este mércores volverá estar marcado polas altas temperaturas en Galicia, cunha previsión de máximas entre 37 e 41 ºC en moitos puntos da metade sur. MeteoGalicia activou o aviso laranxa nestas zonas debido á intensidade da calor.

O aviso laranxa afecta sobre todo ao Miño de Pontevedra e Ourense.

O ceo manterase despexado en xeral, con nubes baixas nas primeiras horas na Mariña lucense e posibilidade de néboas costeiras entrando polo oeste a medida que avance a tarde.

O vento soprará lixeiro do nordés, con réxime de brisas ao sur de Fisterra, intensidade moderada no litoral norte e intervalos fortes na contorna de Bares.

As temperaturas seguirán en ascenso, con valores superiores aos 35 ºC en toda a metade sur. Espéranse máximas por riba dos 37 ºC na zona do Miño de Pontevedra e superiores aos 39 ºC no Miño ourensán, onde continúa activado o aviso laranxa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade