As reservas de cestas de Nadal intensifican a actividade nas tendas de produtos gourmet
Nesta tenda de produtos gourmet estes días intensifican contactos con empresas para ofertar as súas especialidades en cestas de Nadal.
"Hai algunhas que xa o teñen pechado desde hai un mes,por exemplo. Si que se está movendo e esperamos que agora neste mes xa comece a despegar de todo", aclara María Hermida, dependenta da tenda Doña Tomasa.
Preparan todo tipo de cestas. Doces ou salgadas. Baseadas en produtos exclusivos.
"Aquí temos unha que leva un viño, unha botella de crema de oruxo, as nosas conservas. Entre elas, o noso produto estrela: a anchoa de Santoña", engade.
Son días en que hai que preparar pedidos e organizar envíos.
"Levamos meses pensando no Nadal. Xa desde o verán porque cando son cestas un pouco máis elaboradas como son as que nós presentamos, hai que falar moito cos pequenos produtores sobre todo", explica Laura Ferreiro, propietaria da tenda Ferreiro desde 1958.
O seu produto estrela é o de orixe galega. O seu proxecto As Bravas comezou hai anos con nasas de pesca convertidas en cestas de Nadal. E cada ano actualizan modelos.
"Nos últimos modelos que estamos facendo estamos a empregar pandereitas, tambores, peneiras e tamen o saco do Apalpador que para nós é todo un clásico", di.
Teñen propostas tamén para celíacos e veganos como tofu, humus, setas veganas ou variedade de produtos sen glute. Cestas de Nadal con sabor galego que viaxarán desde A Coruña ao resto de Galicia, España e mesmo Europa.