Publicador de contidos

Publicador de contidos

'Regifting', un fenómeno en alza

'Regifting', un fenómeno en alza

Unha práctica cada vez máis utilizada para darlles unha segunda vida aos agasallos que non gustaron

Son días de moito revender

Un 52 % dos españois revenden os agasallos de Nadal que non gustaron en plataformas de segunda man
G24.gal 07/01/2026 14:43

"Penso que nunca vendería un agasallo que unha persoa me fixese", comenta unha señora.

"Non me gustaría que se regalo algo que o vendan", engade unha moza.

Revender os agasallos que non gustaron é unha opción que cada vez ten máis predicamento. E é que esta práctica ten tamén as súas vantaxes.

 "É mellor que tiralos ao lixo ou gardalos nun caixón, claro que si".

"É unha segunda vida e non queda agochado no armario".

"Podes ti obter un beneficio e para os demais poden compralo máis barato do que está en tenda".

"Se lles sacas partido aos cartos que gañes, pois ben".

"Para a miña economía, si, pero a moralidade quizais ehhh..... non?

Esa é outra das arestas do asunto.

"Eu creo que revender está un pouco feo".

 "Polo menos tan instantaneamente recentemente recibidos, igual aparentar un pouco".

"E que non o saiba a outra persoa".

Cantas veces toca finxir... 

 "Eu son experto en poñer boas caras finxindo que me gusta e logo xa o dou normalmente".

"Cando quedas con ela hai que poñelo para que vexa que che gusta".

A realidade é que un 52 % dos españois revende os agasallos, unha cifra que chega ao 72 % se falamos da mocidade. Esta práctica está xa bautizada. É o regifting, un ritual pos Nadal que reporta uns 87 euros de beneficio, 127 se falamos dos máis novos.

 "Pois son uns cartos que tes para ti para os teus gastos para gozar, e eu penso que está ben, ademais tiven o visto e prace da miña familia e fíxeno, a verdade".

"A ver, visto así si, si que é mellor sempre conseguir algo a cambio que quede no fondo do armario ou tirado pola casa e quen non valla para nada, iso si que é certo", comentan na rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade