Publicador de contidos

Publicador de contidos

A falecida no derrubamento dunha casa en Valladolid é unha moza de 28 anos

A falecida no derrubamento dunha casa en Valladolid é unha moza de 28 anos

Outras tres persoas quedaron feridas no sinistro ocorrido nun inmoble en obras na vila de Siete Iglesias de Trabancos

G24.gal 04/03/2026 09:53 Última actualización 04/03/2026 13:11

A persoa falecida tras o derrubamento dunha vivenda de dous andares en Siete Iglesias de Trabancos (Valladolid) é unha moza de 28 anos. Segundo confirmaron os servizos de emerxencias sanitarias, outras tres persoas tiveron que ser atendidas e trasladadas a centros hospitalarios como consecuencia do suceso.

O accidente produciuse pouco antes das sete da tarde do martes nun inmoble situado na Praza Maior da vila, a uns 60 quilómetros da cidade de Valladolid. Varias chamadas alertaron ao servizo de emerxencias 112 de que a vivenda, en que se estaban a realizar obras, se derrubara de maneira repentina.

Os Bombeiros da Deputación de Valladolid desprazáronse ata o lugar e rescataron xa sen vida a moza atrapada entre os cascallos. Ademais, evacuaron un home de 45 anos, outro de 31 e unha muller duns 70 anos, que tamén quedaran atrapados tras o colapso do edificio. As autoridades investigan agora as circunstancias que provocaron o derrubamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade