Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rescatados catro mozos, un grave, tras esborrallarse un vello hospital en Esparraguera

Rescatados catro mozos, un grave, tras esborrallarse un vello hospital en Esparraguera

Dous dos rapaces sufriron fracturas ao caer a unha planta inferior, os outros dous foron rescatados ilesos

G24.gal 22/03/2026 21:59

Os Bombeiros da Generalitat rescataron este domingo catro mozos tras producirse o derrubamento parcial dun antigo hospital abandonado en Esparraguera, Barcelona, que deixou a un deles ferido de gravidade e a outro en estado menos grave.

Os servizos de emerxencias evacuaron, nunha primeira intervención, os dous mozos feridos, que sufriron fracturas ao caer a unha planta inferior, mentres que os outros dous foron rescatados ilesos do edificio posteriormente, informaron os Bombeiros.

Os dous mozos con lesións foron trasladados ao Hospital Sant Joan de Dèu, en Esplugues de Llobregat, informou o Sistema de Emerxencias Médicas (SEM).

Ao lugar desprazáronse 13 dotacións dos bombeiros, incluídos membros do Grupo de Estruturas Colapsadas, ante o risco de que se derrubasen outras partes da edificación, e drons da unidade de medios aéreos do corpo.

Tamén acudiron ao lugar, tras recibir o primeiro aviso ás 18.06 horas, axentes dos Mossos d'Esquadra e sanitarios do SEM.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade