Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Paixón segundo Playmobil recrea a Semana Santa do Carballiño con figuras de xoguete

A Paixón segundo Playmobil recrea a Semana Santa do Carballiño con figuras de xoguete

A Confraría da Veracruz contou coa colaboración da Asociación Española de Coleccionistas de Playmobil para organizar esta mostra

A exposición está instalada na igrexa da Veracruz e conta con máis de 15.000 figuras, edificios e decoracións

Ademais das procesións da Semana Santa recréanse outros eventos emblemáticos do Carballiño, como a Feira do Polbo

G24.gal 22/03/2026 20:53 Última actualización 22/03/2026 21:49

Falta unha semana para o domingo de Ramos, pero no Carballiño xa se pode gozar das procesións da Semana Santa, iso si, a tamaño bastante reducido. É a exposición a Paixón de Playmobil que está instalada na igrexa da Veracruz.

"Son máis de 15.000 pezas, superando en 3.800 figuras as de anos anteriores, porque incluso dentro das igrexas tamén hai figuras. Pódense atopar por todas as esquinas. Calculamos unhas trinta, trinta e pico horas de traballo aproximadamente para montar todo isto", explica Rafael Melero, o confrade maior da Confraría da Veracruz.

Unha recreación da Semana Santa do Carballiño para a que a Confraría da Veracruz contou coa colaboración da Asociación Española de Playmobil. Os coleccionistas achegaron boa parte dos milleiros de figuras, edificios e decoracións que integran a mostra, en que tamén colaboraron os veciños da vila.

"A parte tamén colaboran algunhas persoas desta vila que tiñan algunhas destas casas e que as trouxeron para poder complementar o traballo feito por todos estes coleccionistas", di o confrade maior.

Na Paixón segundo Plyamobil podemos admirar os distintos pasos das procesion percorrendo a vila, pero tamén se recrean outros eventos emblemáticos do Carballiño

"Porque unha vila é unha vila viva. Non son só as procesións, tamén están outros elementos, outras características propias do Carballiño como pode ser esta praza que temos a carón da Veracruz, onde nas festas de setembro se monta un parque de atraccións, de aí que teñamos unha nora ou un carrusel. E o que é o máis emblemático da nosa vila, que todo aquel que se achegue sempre vai poder tomar un bo polbo. E temos as polbeiras con todos os elementos traicionais", di Rafael Melero.

A mostra pode visitarse de balde ata o 5 de abril na ábsida da igrexa da Veracruz.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade