Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Tyrannosaurus rex e un Triceratops, ceibes polos corredores do Marineda City

Un Tyrannosaurus rex e un Triceratops, ceibes polos corredores do Marineda City

Centos de persoas amoreáronse na praza interior do centro comercial para admirar os dinosaurios

G24.gal 29/03/2026 15:57 Última actualización 29/03/2026 16:45

Extinguíronse hai máis de sesenta millóns de anos, pero continúan causando fascinanción... e non só entre a cativada. Xente de todas as idades amoreouse ao redor da praza interior do Marineda City. Dous dinosaurios andaban soltos polos corredores do centro comercial.

O Triceratops chegou coma unha estrela de rock, escoltado por tres vixilantes de seguridade que tiveron que abrirlle paso ata a gran praza do centro comercial. Expectación máxima e ovación pechada para un dos dinosaurios máis icónicos do cretácico.

"O que máis me chama a atención é a súa coroa", comenta unha nena. Outra engade que "come herba". Un neno cunha figura dun Tyrannosaurus rex na man explica que "os cornos son para defenderse".

O seu nome vén do grego e significa cara con tres cornos. Contóunolo un dos centos de cativos que quixeron aproveitar a oportunidade de ver o Triceratops de preto.

No público, expertos na materia de todas as idades. Un cativo confesa que está obsesionado con Jurassic World, outro enumera todos os nomes dos dinosaurios que coñece.

O cine ten moito que ver con esta fascinación infantil, pero moito antes de que Spielberg os resucitase para a  gran pantalla estas criaturas xa cautivaran a cativada de varias xeracións.

 Extinguíronse hai sesenta e seis millóns de anos, pero estes xigantes mesozoicos seguen moi vivos no noso imaxinario, animándonos a explorar  un mundo cheo de criaturas sorprendentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade