Publicador de contidos

Publicador de contidos

Outono teatral no Carballiño na XVIII Mostra de Teatro Amador

Outono teatral no Carballiño na XVIII Mostra de Teatro Amador

A mostra Terras do Orcellón chega á súa maioría de idade na súa décimo oitava edición

Está organizado polo grupo Tiruleque coa colaboración da Deputación provincial e o Concello do Carballiño

Cada fin de semana ata o 9 de novembro haberá teatro, en total 10 espectáculos de 9 compañías galegas

Un momento da obra 'De Marzo a Marzo' de Opaí Teatro
G24.gal 05/10/2025 21:42 Última actualización 05/10/2025 22:22

Na vila do Carballiño o outono é teatral. Esta fin de semana comezou a décimo oitava edición da Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón, que se desenvolverá ata o vindeiro 9 de novembro.

O grupo Tiruleque, que ademais este ano chega aos 40 anos de vida, organiza este evento que pon en valor o teatro afeccionado.

A loita obreira do naval en Ferrol toma o auditorio municipal do Carballiño na obra de "Marzo a Marzo". Son actores e actrices afeccionados pero que contan historias, coma neste caso da historia recente de Galicia.  

Con 18 anos de historia, a mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón reivindica desde o Carballiño o importante papel do teatro non profesional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade