Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres persoas feridas ao bater un coche contra unha furgoneta en Fene

Tres persoas feridas ao bater un coche contra unha furgoneta en Fene

Un dos ocupantes do turismo, que invadiu o carril contrario, tivo que ser excarcerado

 

Os equipos de emerxencia no lugar do accidente. FOTO/GES de Mugardos Os equipos de emerxencia no lugar do accidente. FOTO/GES de Mugardos
G24.gal 14/03/2026 19:37

Tres persoas quedaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido este sábado ás 16:15 horas na estrada autonómica AC-115, ao seu paso polo concello de Fene.

Segundo informa o GES de Mugardos, un coche no que ían catro mozos de entre 20 e 22 anos invadiu o carril contrario e bateu contra unha furgoneta que conducía unha rapaza que viña de traballar.

O equipo de emerxencias tivo que liberar un dos ocupantes do turismo que quedara atrapado polas pernas. Con todo, estaba consciente e foi evacuado, xunto a outros dous.

Ademais, o 061 confirmou o traslado da moza, ferida nun brazo. No operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal da Axencia Galega de Infraestructuras de Galicia (AXI).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade