Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leiro, con 25 graos, marcou a temperatura máxima deste domingo en España

Leiro, con 25 graos, marcou a temperatura máxima deste domingo en España

En Calvos de Randín, a mínima baixou ata -1,1 graos

As altas presións continuarán os primeiros días desta semana.

 

G24.gal 22/03/2026 21:10 Última actualización 22/03/2026 21:36

A primeira fin de semana da primavera estivo marcada polas altas presións, os ceos limpos e as temperaturas agradables, algo máis frescas onde sopraba o nordés.

"Gozouse bastante para dar paseos, para o fútbol en directo, bastante calor, xente tomando o sol que hai dúas semanas era inviable", di un viandante.

En xeral foi un domingo de ceos despexados, con ventos frouxos no interior e moderados na costa. O valor máximo da xornada acadouse no municipio ourensán de Leiro: 25 graos de temperatura contra as catro e media da tarde. Na provincia de Ourense tamén se rexistrou a mínima galega: un grao baixo cero pouco antes das oito da mañá en Calvos de Randín.

"Estivo moi bo día, moito sol". "Estivo moi ben, agora destas horas xa refresca". "Estamos tomando un refresco aproveitanddo o tempo, xa estamos no verán, practicamente", conta a xente que está nunha terraza.

As previsións indican que as altas presións continuarán, polo menos os primeiros días desta semana. Non se notarán cambios nas temperaturas e o vento soprará frouxo do nordés, con intervalos fortes entre Bares e Fisterra. Este luns pola mañá está activado un aviso amarelo por mar de vento na Costa da Morte.




 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade