Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un "punto negro" viario na Estrada, incluido entre os tramos máis perigosos de Galicia

Un "punto negro" viario na Estrada, incluido entre os tramos máis perigosos de Galicia

Os veciños levan denunciando o tramo, que atravesa o núcleo urbano do concello pontevedrés da Estrada

O traxecto está inzado de cruzamentos peonís e rexistra un tráfico denso

Automobilistas Europeos Asociados inclúen o tramo no informe de estradas máis perigosas de Galicia

 

G24.gal 22/03/2026 22:10 Última actualización 22/03/2026 22:28

A veciñanza e o concello da Estrada veñen denunciando en numerosas ocasións a perigosidade dun tramo da nacional 640. Unha vía que xunta Caldas de Reis con Lalín e que nun traxecto de algo máis dun quilómetro atravesa o núcleo urbano estradense.

"É perigoso porque é unha recta moi grande e todos os que veñen de arriba ás veces nin te dás conta de que está este cruzamento aquí. Xa non sei canta xente atropelaron", comenta unha viandante.

O traxecto, que se situa no punto quilómetrico 204, aparece cualificado de punto negro nun informe recente de Automobilistas Europeos Asociados. A partir de datos do Ministerio  de Transporte está incluído dentro dos dezasete tramos máis perigosos de Galicia.

A proliferación de pasos de peóns xunto cunha alta densidade de tráfico converte esta travesía nun punto problemático para a circulación viaria.

"Moitos piden unha circunvalación á vila; outros que teña unha limitación de velocidade máis marcada, outros semáforos, como hai máis arriba; outros un paso elevado", ilustra unha veciña.

Segundo informe, que abrangue dende 2020 a 2024, neste traxecto producíronse once accidentes cunha ducia de vítimas, entre feridos e falecidos.

 


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade