Restrinxen a circulación na N-VI en Lugo para retirar unha árbore que ameza a seguridade do tráfico
A árbore, de grandes dimensións, podía caer en calquera momento
Este veres activouse en Lugo un plan especial na estrada Nacional VI, ao seu paso pola cidade, para retirar unha árbore de grandes dimensións que estaba a ameazar o tráfico.
Trátase dun abeto que se encontra á altura do quilómetro 166, na proximidade da Volta da Viña. A árbore levaba semanas inquietando os condutores. Cada vez se foi inclinando máis e coas últimas borrascas a situación empeorou, porque a auga fixo que o terreo fora cedendo máis.
Os traballos de corta afectan o tráfico na zona, cortouse a circulación nese punto e habilitáronse desvíos alternativos. Está previsto que se desenvolvan entre as 9:30 e as 14:00 horas e para eses labores vaise empregar un camión e un autoguindastre.
A retirada faise por seguridade para condutores. A árbore podía caer en calquera momento.
O certo é que hai lista de espera para retirar exemplares derrubados ou enfermos polos temporais. A chuvia intensa e prolongada deste inverno puxo en xaque pontes, ladeiras e árbores en toda a provincia.