Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Vilanova denuncian a perigosidade da estrada PO-549

Veciños de Vilanova denuncian a perigosidade da estrada PO-549

Usuarios e veciños reclaman máis medidas reductoras de velocidade

Paso o peóns onde fo atropelada mortalmente unha anciá
G24.gal 02/04/2026 13:45

O último accidente mortal produciuse hai uns días en Saradelo. Unha anciá de 89 anos foi atropelada cando cruzaba nun paso de peóns. Unha sobriña da vítima explica que os coches adoitan circular a velocidade excesiva pola estrada PO-549, pero descoñece se ese foi o caso ou o condutor se despistou.

Neste núcleo de poboación que atravesa a estrada PO-549 a beirarrúa estréitase nun punto onde hai un supermercado e moito movemento de coches e péons. Malia que hai pasos sinalizados e a velocidade está limitada a 50, as imprudencias duns e doutros son reiteradas.

Esta estrada tamén é ruta habitual de ciclistas. Quéixanse da sua perigosidade e sinalan ademais a falta de educación viaria. Usuarios e veciños reclaman máis medidas reductoras de velocidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade