Un operativo policial evita un novo atraco a un banco en Vigo e detén tres persoas
Os arrestados xa roubaran noutras entidades bancarias
Desde o ano pasado e no que vai de 2026 houbo unha repunta destes delitos na cidade
Un dispositivo conxunto da Garda Civil e da Policía Nacional permitiu a detención de alomenos tres persoas en Vigo relacionadas con atracos a bancos.
Segundo a información que transcendeu, con este operativo se conseguiu evitar outro roubo nunha entidade bancaria na cidade olívica.
Os ladróns pretendían cometelo onte mércores 1 de abril, aproveitando os últimos minutos de apertura dos bancos antes dos festivos da Semana Santa. Ante as sospeitas os axentes alertaron a distintas oficinas para que pechasen as portas antes do horario habitual.
O último atraco foi nun banco da Avenida de Castrelos
Unha sucursal de Abanca, situada na Avenida de Castrelos, foi a última en sufrir un atraco en Vigo hai uns días. O ladrón armado cunha pistola simulada ameazou aos empregados e conseguía fuxir cun botín de 40.000.
Este súmase a outros atracos que se produciron nos últimos meses na cidade, a raíz dos que a Policía Nacional en colaboración coa Garda Civil iniciaron unha investigación. A operación conxunta rematou coa detención de tres persoas relacionadas con distintos roubos.
Desde o ano pasado e o que vai de 2026 hai unha pequena repunta deste tipo de roubos, un dos máis sonados nunha sucursal do barrio das Travesas onde o ladrón conseguiu fuxir con máis de cen mil euros. As forzas de seguridade continúan co operativo para impedir novos asaltos.