Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os veciños de Villestro, en Santiago, reclaman que lles reabran o centro sociocultural

Os veciños de Villestro, en Santiago, reclaman que lles reabran o centro sociocultural

Din que levan case dous anos co centro pechado

Quéixanse de que o concello de Santiago non resolve a situación

O centro pechou por unhas obras que non se dan por acabadas

G24.gal 02/04/2026 13:40

A parroquia compostelá de Villestro ten máis de dous mil veciños que levan preto de dous anos co seu centro sociocultural pechado.  

Explican os veciños que pechou porque había goteiras e que logo os mandaro ao centro de Figueiras, unha parroquia veciña. Mentres non se arranxa a situación, buscaron alternativas para non perder o ritmo de actividade que tiñan. Por exemplo, unha veciña vai a actividades a Bertamiráns, e os membros dunha asociación cultural usan un local que lles cedeu o cura. 

Si se fixeron algunhas obras no edificio pero aínda non lles deixan usalo. No entanto, fálanlles de ir para a vella unitaria. Houbo quen se apuntou ás actividades para o centro sociocultural de Villestro á espera de que abrira, pero logo de varias promesas incumpridas aínda nin entraron a facer as actividades nunha unitaria próxima.

Quéixanse de que pagan impostos como veciños de Santiago, reclaman que lles abran dunha vez o centro e lamentan que logo de varias conversas con responsables municiapis, non ven avances. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade