Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de San Xulián, en Marín, atemorizados polos cans de raza perigosa duns ocupas

Veciños de San Xulián, en Marín, atemorizados polos cans de raza perigosa duns ocupas

Denuncian que saltan o valado da casa e que xa atacaron varias persoas

Axentes da Policía Local de Marín acudiron falar cos donos dos cans para mediar no conflito
G24.gal 01/04/2026 14:06

A tranquilidade da parroquia de San Xulián en Marín estase a ver alterada desde que hai algo máis dun ano os fillos dunha veciña de etnia xitana ocuparon esta casa aproveitando que os donos residen nas Canarias.

A convivencia empezou a deteriorarse á conta dos cans. Teñen varios de raza american bully. Son potencialmente perigosos, e atemorizan os veciños. Denuncian que saltan o valado da casa e que xa atacaron varias persoas.

Enrique, un dos donos dos cans, nega tales acusacións. Os veciños temen que calquera día pase algo grave. Para evitalo esixen que retiren os cans de alí.

Axentes da Policía Local de Marín achegáronse esta mañá para falar cos donos dos cans e mediar no conflito. Enrique asegurounos despois que ía levalos a outra propiedade e que tres cachorros van ser adoptados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade