Cargando resultados...
Catro persoas detidas nunha operación antidroga en pisos do Ensanche de Santiago
O operativo policial desenvolveuse en inmobles que supostamente operaban como punto de venda de droga a raíz dunha serie de denuncias veciñais
G24.gal
20/03/2026 17:35
A Policía Nacional detivo catro persoas nunha operación contra o tráfico de drogas efectuada durante este venres en pisos do Ensanche de Santiago de Compostela.
O operativo policial desenvolveuse en inmobles que supostamente operaban como punto de venda de droga a raíz dunha serie de denuncias veciñais en relación á existencia de narcopisos, segundo informan fontes policiais consultadas.
Non transcenderon máis detalles, xa que foi decretado o segredo das actuacións por parte do Xulgado de Instrución número 3, que se encarga do caso. Está previsto que pasen a disposición xudicial este sábado.