Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ducias de pombas aniñan no patio dun edificio de Pontevedra e xeran queixas por insalubridade

Ducias de pombas aniñan no patio dun edificio de Pontevedra e xeran queixas por insalubridade

Os veciños do inmoble, situado en Monte Porreiro, presentaron queixas ante a Xunta e a Valedora do Pobo

G24.gal 18/03/2026 13:44

Simbolizan a paz pero nunha comunidade de veciños de Monte Porreiro, en Pontevedra, as pombas convertéronse no motivo da discordia e en xerme de problemas, sobre todo de salubridade. Os excrementos cobren todo o patio interior, as ventás e mesmo mánchanlles a roupa cando a tenden fora.

A comunidade xa probou con varios métodos para intentar erradicar o que consideran unha praga, pero todos os esforzos foron en van.

Denunciaron hai dous anos no concello pero as medidas que adoptaron aseguran que foron insuficientes. Agora veñen de presentar queixas tamén na Xunta e na Valedora do Pobo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade