A asociación veciñal do Ensanche de Santiago aposta polas demandas civís contra os narcopisos
As demandas baséanse no artigo 7 da Lei de Propiedad Horizontal, que permite solicitar o cesamento de actividades molestas para a comunidade
A Lei de Propiedade Horizontal permitelles ás comunidades actuar contra os pisos en que se fagan actividades que supoñan un problema de convivencia.
Hai un precedente recente dun piso de Santiago que funcionaba como prostíbulo, que foi clausurado por orde xudicial despois de que a comunidade de propietarios denunciara as molestias que causaba esa actividade.
Seguindo ese exemplo, outras tres comunidades veciñais de tres edificios do Ensanche preparan demandas civís para reclamar xudicialmente o cesamento da actividade dun local de ocio nocturno e de dous pisos onde, segundo denuncian, se trafica con drogas.
"Nese piso, a actividade foi desmantala en firme en base ao artigo 7.2 da Lei de Propiedade Horizontal. Esa é a base un pouco que contemplamos para actuar nestes casos. De feito, hai tres comunidades que xa iniciaron os pasos para actuar contra un negocio de ocio nocturno e contra dous narcopisos", explica Xosé Manuel Durán, presidente da Asociación veciñal Raigame.
As consecuencias legais da demanda poden supoñer o cesamento da actividade, o desaloxo dos inquilinos, ou se o responsable é o propietario, a prohibición de usar a vivenda durante tres a seis anos.