Participación galega na misión tripulada a Lúa Artemis II, a primeira desde 1972
A Universidade de Vigo realizará tarefas de seguimento terrestre desde Galicia
A participación da Universidade de Vigo neste proxecto consistirá na realización de tarefas de seguimento terrestre da cápsula Orion desde un lugar privixilexiado para facelo.
"Un dos puntos claves é a nosa estación de Vigo pola súa situación, que está ao lado do mar", di Fernando Aguado Agelet, coordinador do proxecto.
A nave emitirá ao longo da viaxe sinais de radio en banda S, que poden actuar coma un latexo que será captado polas antenas da universidade galega e Intergrasys.
"Nos van comunicando onde van estar as primeiras posicións e nós, a partir de aí, temos que facer o seguimento coas nosas antenas", relata Manuel Diz, investigador do grupo aeroespacial Atlantic.
"Xuntando todas esas sinais vaise obter a posición real da sonda de Artemis en todo momento, engade Pablo Fernández, investigador do grupo aeroespacial Atlantic.
O equipo traballará sen interrupción durante os dez días na misión para procesar os datos. Trátase dun traballo vital para asegurar que a nave se mantén na ruta prevista pola NASA.
Ao tratarse dunha misión tripulada, o seguimento terrestre da misión é de prioridade absoluta. Participar nesta misión tripulada valida a excelencia técnica de Galicia e sitúaa na vangarda da enxeñería aeroespacial internacional.