Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ferida unha muller de 72 anos polo ataque dunha manda de cans en Tomiño

Ferida unha muller de 72 anos polo ataque dunha manda de cans en Tomiño

A vítima sufriu varias mordeduras que a deixaron semiinconsciente 

Os cans carecen de identificación, por tanto, a Policía Local traballa para localizar o propietario

TVG
G24.gal 25/03/2026 09:15 Última actualización 25/03/2026 10:46

Unha muller de 72 anos foi ferida polo ataque dunha manda de cans na parroquia de Estás, no concello de Tomiño.

A vítima sufriu varias mordeduras que a deixaron semiinconsciente e tiveron que trasladala urxentemente ao Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo.

A muller foi sorprendida por un grupo de polo menos dez cans. Un veciño da zona foi o primeiro en acudir a axudala e logrou apartar os animais e evitar consecuencias máis graves.

Ata o lugar acudiron efectivos da Policía Local, da Garda Civil e unha ambulancia que estabilizou a vítima antes da súa evacuación.

O servizo de lacería do concello actuou na zona e conseguiron capturar a maioría dos cans implicados. Axentes da Policía Local de Tomiño continúan coas xestións para localizar o propietario dos animais, que non teñen identificación. 

O incidente xenerou gran preocupación entre os veciños, que reclaman maior control sobre a posesión de animais. O Concello lembra a importancia de cumprir coa normativa vixente e extremar a vixilancia para evitar situacións de risco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade