Publicador de contidos

Publicador de contidos

Obxectivo: colonizar a Lúa; a NASA prepara a presenza permanente no satélite terrestre

Obxectivo: colonizar a Lúa; a NASA prepara a presenza permanente no satélite terrestre

A folla de ruta da axencia espacial dos EUA, a sete anos, contempla un intenso calendario de aluaxes e ten como meta establecer hábitats permanentes na superficie lunar

Foguete da misión Artemis en cabo Cañaveral (Reuters/Joe Skipper) Foguete da misión Artemis en cabo Cañaveral (Reuters/Joe Skipper)
G24.gal 25/03/2026 10:20 Última actualización 25/03/2026 11:37

A axencia espacial estadounidense NASA anunciou este martes un ambicioso plan de 20.000 millóns de dólares para acelerar o regreso á Lúa en 2028, realizar aluaxes tripuladas cada seis meses e construír unha base lunar permanente nos próximos sete anos.

O administrador da NASA, Jared Isaacman, anunciou en conferencia de prensa unha estratexia de despregadura lunar por fases que será a máis ambiciosa da historia desde o programa Apollo (1961-1972).

Presenza permanente con recursos obtidos da propia Lúa

Isaaman dixo que para poder abordar este novo plan acelerado interromperán o proxecto Gateway, que implicaba establecer unha estación espacial na órbita lunar.

A cambio propuxo un plan dividido en tres fases que culminaría con tres hábitat permanentes na Lúa, varios rovers (fabricados por Toyota), un reactor de fisión nuclear e instalacións para procesar material lunar e obter enerxía e materias primas para soster unha colonia permanente.

O equipo do chamado proxecto Ignition conta con Dana Weigel, responsable do programa da Estación Espacial Internacional, e o español Carlos García Galán, que é o principal responsable do programa Moon Base, como principais encargados de que esta estratexia se convertan realidade nos prazos anunciados. 

García Galán asegurou que a nova estratexia vaise enfocar en que os Estados Unidos poidan contar con esa presenza permanente e que poida obter os recursos necesarios no mesmo satélite terrestre.

A primeira aluaxe desde 1972, a principios de 2028

O paso esencial para esta ambiciosa folla de ruta é que teña éxito a misión Artemis II, que está previsto que a próxima semana envíe a catro astronautas á órbita lunar, así como os operativos sucesivos para que a Artemis IV consiga devolver á humanidade á Lúa a principios de 2028.

Serían os primeiros astronautas sobre a superficie luar en máis de medio século. Cumprindo as previsións de dúas aluaxes tripuladas ao ano, antes de 2030 comezarían a despregarse os elementos iniciais dunha presenza permanente.

A NASA contará con Lockheed Martin, SpaceX e Blue Origin para probar vehículos de transporte e aluaxe nos próximos anos e asegurarse de que poden cumprir o intenso plan de aluaxes proposto por Isaacman.

"Os Estados Unidos non van deixar nunca máis a Lúa", asegurou Isaacman, confirmado no seu posto a finais de decembro.

Chegar antes que A China

A China aumentou nos últimos anos as súas misións de vehículos non tripulados na Lúa e propúxose poñer a dous taikonautas no satélite terrestre antes de 2030.

Porén, non é só A China o único país fixou no satélite terreste os seus obxectivos científicos e políticos. Outras nacións como O XapónA India, ou Rusia, amais dalgún proxecto privado, realizaron misións nos últimos tempos, con máis ou menos éxito, coa fin de achegarse máis á Lúa.

O novo proxecto presentado este martes pola NASA é parte da estratexia da administración de Donald Trump para transformar a NASA e promover o sector privado vinculado aos seus proxectos dentro da chamada Política Espacial Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade