Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigadores da UVigo reúnen 10 terabytes de información no seguimento da misión Artemis

Investigadores da UVigo reúnen 10 terabytes de información no seguimento da misión Artemis

Para os expertos do centro AtlanTTic da Universidade viguesa, a experiencia supuxo "un fito histórico" e permitiu demostrar que as súas capacidades van máis aló das operacións habituais con satélites 

O Grupo de Tecnoloxía do AtlanTTic da Universidad de Vigo. UVIGO/DUVI O Grupo de Tecnoloxía do AtlanTTic da Universidad de Vigo. UVIGO/DUVI
G24.gal 13/04/2026 20:42

O Grupo de Tecnoloxía Aeroespacial do centro AtlanTTic da Universidade de Vigo logrou reunir 10 terabytes de información (unha unidade de medida de almacenamento de datos dixitais) durante os 10 días que estivo realizando o seguimento da misión Artemis, que agora están a clasificar e comprimindo para enviar á empresa Integrasys, seleccionada pola NASA nesta misión e coa que colaboran.

Segundo explicou o director do Grupo, Fernando Aguado, a última vez que tiveron contacto coa nave Orión foi o pasado venres pola mañá, horas antes de que fixese a súa reentrada na atmosfera terrestre, de regreso da misión.

"Foi un momento de nostalxia, pero tamén de satisfacción polo traballo ben feito, e con moitas ganas de seguir operando desde atlanTTic e a Universidade de Vigo para futuras misións", incidiu Aguado.

Deste xeito remataba un traballo que comezou o pasado 1 de abril co lanzamento do foguete e coa recepción, pouco despois, do sinal da misión, na que a UVigo participa mediante unha colaboración coa empresa Integrasys.

Durante 10 días, estes investigadores encargáronse de seguir a cápsula Orión e a emisión de sinais de radio en banda S, que actuaron como un 'latexado electrónico' captado polas antenas, tanto da institución académica como de Integrasys.

Preparados para "recibir sinais en órbitas do espazo profundo"

O Grupo cualificou esta experiencia como "tremendamente enriquecedora", xa que permitiu demostrar as súas capacidades, que "van moito máis alá do 'tracking' e as operacións habituais con satélites LEO en órbitas baixas".

"Comprobamos que estamos preparados para traballar e recibir sinais en órbitas do espazo profundo (...), para o noso grupo este supón un fito histórico, xa que é a primeira vez que participamos nunha misión destas características", apuntou Augado.

Este reto levoulles a exporse a necesidade de adquirir novos equipos no futuro, como antenas de maior tamaño para facer este tipo de seguimentos tan esixentes, e sinalaron que esta misión supuxo "un cambio de paradigma" para eles.

Nestes días, e debido a que só podían apuntar a antena cando saía a lúa as súas xornadas alongábanse ata última hora da tarde. "Foi un ritmo moi intenso", constataron.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade